Noticias Agosto 2019

VIII Premio Xove Empresario de Galicia. Aje Galicia en el RCNS

foto

04 de Abril de 2019

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia no seu compromiso coa promoción e difusión da cultura emprendedora, a innovación empresarial, a creación de emprego e a internacionalización da PEME presentou o xoves 4 de abril no Real Club Náutico de Sanxenxo o seu acto máis importante do ano, a VIII Edición do Premio Xove Empresario de Galicia.

O Premio comezou as 20:00h coa recepción das autoridades polos membros da Xunta Directiva de Aje Galicia. Logo, xa no salón de actos do Real Club Náutico, a presentadora Dna. Yolanda Vázquez deu a benvida a todos os presentes.

O Presidente da Asociación de Xóvenes Empresarios de Pontevedra, D. Pablo Fernández López, agradeceu o traballo de todas as persoas que fixeron posible esta cerimonia, tanto participantes como patrocinadores, e deu paso ao Alcalde de Sanxenxo D. Telmo Martín.

Acto seguido, Dna Yolanda Vázquez anunciou todas as candidaturas presentadas, diferenciando entre as dúas categorías principais (Xove Empresario e Xove Emprendedor). As candidaturas presentadas foron:

Na categoría de Emprendedor:

Babupe

BioSporty

Breathingalicia

Centro Quiropráctico do Atlántico

Despensa 77

Ensamble system S.L

EnTurismodeEpoca

Fisioterapeuta del Mayor

Koompany

La Florida

LexDigo

LiveTopic

PROX CONSULTORES

SALVUM TECHNOLOGIES, S.L

Versos de A Ruda

Wonder Company

Na categoría de Empresario:

AeroCamaras

Ara de Rey

AránFeijoo

Coosy Coverwind Solutions

DegalTec Solutions DelMaralPlato

Escena Eventos

GaliWonder

Lingoreta O Graneiro de Amelia

Pilgrim

Promociones Blanco

Psico Vr

SomosOceano

4Elementos

Gomo Bonsai

 

A continuación, comezaron as entregas dos gañadores dos Accésit, iniciando co recoñecemento a “Responsabilidade Social Corporativa”. A gañadora foi a empresaria Lara Prender Prieto Puga, da empresa Despensa77. Entregaron o galardón, o diploma e o cheque D. Cristobal Dobarro (Presidente da Confederación de Empresarios de Ferrol), D. Mauricio Repetto (Presidente de Aje Lugo) e D. Lois Babarro (Presidente de Aje Ourense).

Pola súa parte, o accésit de “Creación de Emprego” foi para Rubén Outeda Fernández coa empresa de postres Versos de A Ruda. D. Jorge Cebreiros (Presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra), D. Luis González (Presidente de Aje Ferrol) e D. Iván Suárez (Presidente de Aje Vigo) foron os encargados de entregar o galardón, o diploma e o cheque respectivamente.

O accésit de “Internacionalización” premiou a Jaime Tomás Pereira Gil da empresa Aerocámaras, recolleu o premio na súa representación Manuel Ángel Fernandez Arruti Ferro. Entregaron o galardón, o diploma e o cheque D. Carlos Font (Deputado provincial), D. Miguel Miragaya (Presidente de Aje Coruña) e D. Antonio Fontela (Representante da xunta de vicepresidentes da CEG).

A entrega dos accésit rematou coa categoría de “Innovación”. Dito recoñecemento foi para Jesús Echarri Mazeira de Improving Metrics, acudindo na súa representación Helena Martínez e Luiz Azurmendi. A entrega do galardón, do diploma e do cheque correu a cargo de D. David Regades (Delegado Zona Franca), D. Pablo Fernández (Presidente Aje Pontevedra) e Carlota Sanchez (Representante da IESIDE) Unha vez entregados os accésit chegou o momento das intervencións de D. Carlos Font (Deputado Provincial), D. Fermín Albadalejo (Presidente CEAJE) y D. David Regades (Delegado Zona Franca). Os tres destacaron a boa labor que tanto Aje Galicia como o resto de AJEs provinciais realizan todos os anos con este tipo de premios, premiando o novo talento empresarial e creando un tecido empresarial mais forte.

Finalizadas estas intervención chegou o momento de coñecer á empresa gañadora do Premio Xove Emprendedor. Antonio Casal Rey, da empresa Livetopic, recolleu este premio composto por un cheque económico de 1.500€ e un cheque formativo valorado en máis de 8.000€. D. Telmo Martín (Alcalde de Sanxenxo), D. Fermín Albadalejo (Presidente CEAJE) e D. Miguel Barroso (Deloitte) foron os encargados de entregar o galardón, o cheque e o diploma.

Por outro lado, o Premio Xove Empresario foi para a empresa Coverwind Solutions de Francisco Álvarez López, Pablo Domínguez e Íñigo Domínguez. Os cheques, con valor idéntico aos de Xove Emprendedor, foron entregados por D. Lino Comesaña (Abanca), mentres que o galardón e o diploma foi entregado por D. José Redondo (Presidente Aje Galicia) e D. Francisco Conde (Conselleiro de Economía e Industria)

Fecharon o acto D. José Redondo (Presidente AJE Galicia) e D. Francisco Conde (Conselleiro de Economía e Industria) cuns discursos nos que ensalzaron a valía e importancia dos novos emprendedores e emprendedoras no panorama económico actual.

Para finalizar, ofreceuse un Cóctel nas propias instalacións do Real Club Náutico, que serviu de networking para todos os asistentes.

Real Club Náutico de Sanxenxo :: Puerto Deportivo Juan Carlos I, 26 - 36960 Sanxenxo (Pontevedra) :: Tel. 986 803 400 • Fax 986 720 009

Estandares web W3C. XHTML + CSS. Diseño Web Grupo Promedia

Español

Inglés